A ciencia na literatura
11/11 - 30/12
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai oito anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego e as bibliotecas unímonos á conmemoración. Este ano co lema Ler e vivir a Ciencia en galego!

O obxectivo desta conmemoración é mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Nesta mostra bibliográfica seleccionamos da colección da nosa biblioteca algunhas obras literarias relacionadas coa Ciencia ou que propuxeron ideas tecnolóxicas adiantadas ao seu tempo.

Pode visitarse no 2º andar durante o horario de apertura da biblioteca.