Día do Teatro
26/03 - 12/04
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Selección de sitios web que ofrecen contidos teatrais de balde pola corentena

O Centro de Documentación Teatral do Ministerio de Cultura

O Centro de Documentación Teatral do Ministerio de Cultura, ofrece gratis ata 1500 gravacións dos seus espectáculos de todo tipo de xéneros, incluída a danza  través da plataforma Teatroteca. 

Teatroteca é un servizo de préstamo en liña de balde que pon á disposición pública unha crecente selección de gravacións en vídeo de espectáculos que abarcan unha parte importante da historia recente da escena española.

Estudio 1

O espazo dramático por antonomasia na televisión. Nel pódense ver clásicos e éxitos teatrais actuais. Ademais, RTVE.es rescata os espectáculos dramáticos máis importantes dos anos 60, 70 e 80.

Perfil de Facebook dos Teatros del Canal

Todos os días ás 18 h artistas vinculados a esta casa comparten co público as súas creacións.

Canle oficial de LaJoven en Youtube

Espectáculos e obras de teatro.  Premio El Ojo Crítico de Teatro 2014.

Canle do Ministerio de Cultura en Youtube

Inclúe gravacións dalgunhas obras teatrais producidas polo Centro Dramático Nacional ou pola Compañía Nacional de Teatro Clásico nas listas de reproducción Teatro Accesible -con subtítulos e lingua de signos- e Ver teatro.

Canle do Teatro de La Zarzuela en Youtube

Ofrece as gravacións de todas as funcións que tiveron lugar na institución nos últimos tempos.