É cuestión de química
04/11 - 30/11
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

Como complemento ás actividades do Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas, mostramos unha pequena selección de libros de Química para celebrar o 150 aniversario da Táboa periódica.  

No 1869, o profesor de química ruso Dmitri Ivánovich Mendeléyev publicou a súa primeira Táboa Periódica en Alemania. Un ano despois Julius Lothar Meyer33​ publicou unha versión ampliada da táboa que creara no 1864, baseadas na periodicidade dos volumnes atómicos en función da masa atómica dos elementos.

Pódese visitar na sala infantil da biblioteca durante o horario de apertura.