AXENDA
Festa da música
04/06 - 13/07
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

Presentamos unha selección de obras nas que a música é protagonista, complementada con CDs de grupos que participan nalgúns dos festivais deste verán en Galicia.

A Festa da Música (orixinalmente Fête de la Musique, en Francia) é unha celebración internacional que se realiza o 21 de xuño. O seu obxectivo é  promocionar a música de dúas maneiras: a primeira, que os músicos afeccionados saian voluntariamente a tocar á rúa e a segunda, a organización de concertos gratuítos nos que o público teña a oportunidade de presenciar aos seus artistas preferidos.

Con esta mostra e máis o sorteo dun abono de 3 días para o festival Portamérica (Caldas de Reis, do 5 ao 7 de xullo) unímonos a esta celebración.

Pódese visitar no 2º andar.