AXENDA
Lugar ben edificado: unha viaxe polos oficios que construíron Compostela
15 de Novembro, 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Charla de Mercedes Gualteria Pintos Barreiro

Esta charla preséntase como un percorrido pola historia de Compostela a través dos personaxes do libro Picheleiros, debuxados por Xulio Gayoso.

Unha pequena viaxe no tempo pola cidade que se foi construindo ata chegar á que é hoxe, unha homenaxe aos homes e mulleres que co seu esforzo contribuíron a crear esta cidade eterna, Patrimonio da Humanidade.

O salón de actos decórase para a ocasión coa exposición Picheleir@s, que, promovida polo Consorcio de Santiago, inaugurouse no ano 2014 con grande éxito. Esta mostra recolle a maioría de oficios e profesións que tiveron protagonismo na cidade dende a Idade Media ata a actualidade en 30 bandeirolas de gran colorido que mostran a un persoeiro real, cun oficio particular, e que se situaron na fachada dos edificios nos que viviron ou traballaron. 

Esta exposición, comisariada por Mercedes Pintos permite facer un percorrido pola historia de Compostela a través da vida cotiá dos veciños que habitaron nela ao longo de diferentes séculos. Nas bandeirolas aparece o nome do personaxe, o seu oficio e a data referenciada na documentación que existe de cada un. Complétanse cun debuxo dos persoeiros, realizado polo ilustrador galego Xulio Gayoso, e unha frase explicativa de quen foron e en que consistía o seu traballo. O deseño das lonas é de Libertad Ramírez.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.