Medicina gráfica
01/10 - 30/11
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica de banda deseñada

Medicina gráfica é un termo acuñado polo médico británico e autor de cómics Ian Williams para referirse ao uso do cómic ou novela gráfica, a ilustración e a infografía como ferramentas de comunicación sanitaria. Nesta mostra recollemos unha selección bibliográfica de obras que cumpren os requisitos para entrar nesta categoría.

Na zona de Fondo Local. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca