Mira que cadro!
03/09 - 30/09
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica infantil sobre Arte

Libros que ensinan a mirar e a pensar e que nos fan partícipes das historias que esconden. Libros que nos transforman en espectadores e espectadoras activas e fomentan a creatividade.

Esta mostra pretende ser a presentación dun novo centro de interese sobre o tema.

Na sala infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.