Obradoiro infantil de astronomía
28 de Outubro, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago acolle durante o mes de outubro unha serie de actividades dedicadas á Astronomía, no marco da actividade O camiño das estrelas. As estrelas do Camiño, dentro da programación de O teu Xacobeo, co patrocinio da Xunta de Galicia.

Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 4 a 6 anos.



A actividade desenvólvese no salón de actos das 18.30 ás 19.30h. O número máximo de participantes é de 20.

Todas as prazas cubertas.