AXENDA
Sorteo dun abono para o festival Portamérica
01/06 - 21/06
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Festa da Música

Sorteamos un abono de 3 días para o festival Portamérica (Caldas de Reis, do 5 ao 7 de xullo) entre as persoas de 18 anos ou máis que leven en préstamo cd de música entre os días 1 e 20 de xuño.

Por cada préstamo hai dereito a unha participación e cantas máis participacións, máis probabilidades de gañar. O sorteo realízase cun programa que selecciona a persoa gañadora de xeito aleatorio, faise o día 21 coincidindo coa Festa da Música.

A Festa da Música (orixinalmente Fête de la Musique, en Francia) é unha celebración internacional que se realiza o 21 de xuño. O seu obxectivo é promocionar a música de dúas maneiras: a primeira, que os músicos afeccionados saian voluntariamente a tocar á rúa e a segunda, a organización de concertos gratuitos nos que el público teña a oportunidade de presenciar aos seus artistas preferidos.

Con este sorteo e dúas mostras bibliográficas unímonos a esta celebración.