A viaxe do paporrubio
19 de Setembro, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Sesión de narración oral con Sara Cruz

Unha historia sobre coñecernos e aceptarnos tal e como somos contada a través da música e da viaxe dun paxariño polo bosque. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida do habitual xa que debemos garantir a distancia de seguridade.

A sala está dividida en 14 grupos de cadeiras e cada un deles pode ser ocupado por ata catro persoas convivintes.

Todas as persoas maiores de 6 anos deben levar máscara. As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de usala, pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene.