AXENDA
Xoguetoloxía
14 de Novembro, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Obradoiro de xogos, xoguetes e enredos co que che caia nas mans con Xandobela

Obradoiro no que nenos e nenas se achegarán ao mundo do xogo imitando fórmulas doutros tempos mediante a confección dos seus propios xogos con material de refugallo, fomentando así a creatividade e a autonomía. 

Salón de actos. Entrada por rigorosa orde de chegada, máximo 30 nenas e nenos de 4 a 10 anos. Cada un deles só poderá estar acompañado dunha persoa adulta.