Doar materiais á biblioteca?

Na biblioteca admitimos os vosos libros, revistas, cd, dvd... que xa non precisades. Pero non podemos aceptar todos os materiais para que a colección non se descompense e por cuestións de espazo.

Quen queira facer unha doazón, terá que cubrir unha folla cos seus datos, acompañado dunha listaxe de todos os materiais que quere doar antes de entregar os fondos. Podes descargar o impreso aquí e remitilo por correo a comprasbps@xunta.gal ou entregalo directamente no mostrador do andar baixo da biblioteca. 

Unha vez recibida a listaxe, na biblioteca decidiremos que títulos nos interesan e porémonos en contacto coa persoa que quere doar para dicirlle que pode facer efectiva a doazón dos materiais preseleccionados. 

Non admitiremos doazóns que non cumpran estes requisitos.

Por favor, revisade ben o que admitimos e o que non.

Moitas grazas polas vosas achegas!

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS