Podes solicitar o teu carné de forma presencial no mostrador do andar baixo ou desde o OPAC.
O carné de biblioteca é gratuíto, persoal e intransferible. Pode autorizarse a usalo a outra persoa no caso de que o interesado ou a interesada non poida acudir á biblioteca. A autorización pode descargarse aquí para entregar asinada na biblioteca ou cubrila aquí e asinala ao acudir á biblioteca.
Amósanos o teu DNI, carné de conducir pasaporte, NIE... para comprobar os datos cando veñas facer a solicitude e cando veñas recoller o carné. Se fas a solicitude na biblioteca, quitarémosche unha fotografía.
As persoas menores de 14 anos poden solicitar o carné infantil (coas mesmas condicións que o de adultos, pero con restricións en canto aos materiais que poden levar). Teñen que ter unha persoa adulta (pais, titores) que se responsabilice por eles. Ao facer 14 anos pasan á modalidade de préstamo para persoas adultas. Se fan o DNI deben comunicalo para facerlles un carné novo.
As entidades tamén poden ter un carné para o préstamo de materiais.
A dirección ou persoa encargada da institución solicitará a alta da entidade cubrindo a Solicitude do carné de entidade e nomeando a unha persoa responsable. Tamén é preciso cubrir unha autorización e entregala asinada na biblioteca, pódese descargar aquí ou cubrila aquí e asinala ao acudir á biblioteca.
O carné serve para:
- levar libros, películas, cds de música, mapas, etc. para casa. Lembra traer sempre o carné para levar un préstamo.
- acceder a unha páxina personalizada do catálogo onde podes renovar préstamos, reservar, suxerir compras, facer comentarios...
O carné é válido para as bibliotecas que forman parte da Rede:
- Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
- Biblioteca Pública de Lugo
- Biblioteca Pública de Ourense
- Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
- Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
- Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
- As 335 bibliotecas de titularidade pública local dependentes de concellos ou entidades públicas locais.
- As 13 bibliotecas públicas e de titularidade privada.
Tes que comunicarnos os cambios nos datos persoais. En calquera caso, estes datos renovaranse cada 5 anos no caso dos adultos e cada 3 nos nenos.
A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda, neste último caso hai que cumprimentar unha nova solicitude. A perda reiterada do carné conleva sanción.
O uso indebido do carné pode supoñer a retirada do mesmo.