Inscribirme nas Aulas de maiores ou no Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía

Inscribirme nas Aulas de maiores ou no Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía

Actualmente a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal ten en marcha dous grupos da Aula de maiores, dous grupos da Aul@ tecnolóxica de maiores e dous grupos do Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía.

  • A Aula de maiores é unha actividade dirixida ás persoas maiores de 55 anos que non tiveron oportunidade de estudar ou queren lembrar o que aprenderon hai tempo: facer operacións matemáticas sinxelas, practicar a lectura e a escritura ou facer xogos didácticos de xeografía son algúns dos conceptos básicos que se ensinan nesta aula. A actividade estará a cargo de Margarita Castro Rey e Amador Seoane Pardo, voluntarios do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia. As sesións terán lugar nas salas de traballo en grupo do 3º andar os martes de 10.00 a 12.00h e os mércores de 10.30 a 12.00h
  • A Aul@ tecnolóxica de maiores é un obradoiro de introdución ás novas tecnoloxías dirixido ás persoas maiores de 55 anos co obxectivo de integralas na sociedade facéndoas partícipes dela a través da formación en novas tecnoloxías, especialmente no uso de teléfonos móbiles, tabletas e ordenadores portátiles, cun carácter eminentemente práctico de cara á súa aplicación e aproveitamento na vida cotiá. A actividade está a cargo de Mar Torres Vilariño, voluntaria do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia. A actividade desenvolverase os martes de 17.00 a 18.30h e os xoves de 16.30 a 17.30h. As sesións terán lugar nas salas de traballo en grupo do 3º andar.
  • O Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía ten como obxectivo achegar a Filosofía ás persoas interesadas e fomentar e apoiar a difusión do pensamento filosófico. Está dirixido a persoas maiores de 18 anos que non teñan necesariamente coñecementos previos pero que sintan curiosidade cara ás ideas dos filósofos que se foron construíndo desde circunstancias históricas e biográficas concretas, atendendo a problemas profundamente arraigados na condición humana. A actividade estará a cargo de Rafael Varela Nogueiras, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia. A actividade está formada por dous grupos de 8 participantes cada un que realizarán as súas sesións os mércores e xoves de 18.00 a 19.00h nas salas de traballo en grupo do terceiro andar.

As persoas interesadas poderán obter máis información e anotarse chamando ao 881 999 401 ou acudindo directamente ao mostrador da planta baixa. Recomendamos aos usuarios e usuarias interesadas nalgunha das actividades que se anoten nas listas de agarda xa que se poden producir baixas entre os integrantes actuais. As listas de agarda permanecerán abertas ata o remate das actividades (mes de maio-xuño).