Levar préstamos á casa?

Unha vez teñas o teu carné poderás facer uso do servizo de préstamo.

Se queres levar para casa algún material da biblioteca, cólleo no estante e tómao prestado usando unha máquina de autopréstamo ou achégate ao mostrador do andar baixo. Se queres algún material que non temos na biblioteca, achégate a un mostrador e pide que cho soliciten, ou cobre a Solicitude de préstamo a outra biblioteca.

Se non podes vir pola biblioteca podes pedirlle a alguén que che recolla os préstamos. A autorización pode descargarse aquí para entregar asinada na biblioteca ou cubrila aquí e asinala ao acudir á biblioteca. Tamén podes facelo na biblioteca.

Se estás enfermo/a ou tés problemas de mobilidade, levámosche os préstamos á casa. Cubre o formulario Levámosche os préstamos á casa e porémonos en contacto contigo.