Podes renovar o préstamo transcorridos 5 días desde a realización do préstamo, ata o día da súa caducidade, tanto por teléfono coma na propia Biblioteca, ou por internet desde o catálogo, non se permitirá a renovación de documentos reservados.
Para renovar por internet tés que entrar no catálogo da biblioteca, nos recadros da dereita metes o teu nº de lector e o teu contrasinal, se non o recibiches por correo, pregunta na Biblioteca. Logo entra na túa conta, marca os préstamos que queres renovar e dálle ao botón de Renovar.