Reservar o salón de actos para unha actividade?
Fotografía do salón de actos Fotografía do salón de actos

O salón de actos está a disposición de calquera particular, entidade ou asociación que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións de libros, exposicións, conferencias, cursos...).

A solicitude pode facerse por calquera das seguintes vías:

A persoa particular ou representante da institución ou entidade interesada en facer a reserva deberá presentar na biblioteca o formulario de reserva de instalacións asinado.

Pódese iniciar o trámite cubrindo o formulario e, cando se confirme a reserva, asinar o documento, mesmo no día de celebración da actividade.

A sinatura deste documento garante que a persoa ou institucións solicitantes reúnen os requisitos e condicións establecidas pola biblioteca e que están de acordo coa normativa da mesma para o uso das instalacións.