COMO PODO?
Solicitar un libro ou outro material que non ten a biblioteca?

A través deste servizo localizamos a obra que queres e solicitámola á entidade correspondente polo método mais urxente, xa sexa en orixinal ou en reprodución. Se houbera algún gasto correría pola túa conta. 

Este servizo non está dispoñible, polo de agora, nas bibliotecas municipais da rede. Podes consultar a listaxe destas bibliotecas aquí.

Achégate ao mostrador do andar baixo e solicítao ou cobre a Solicitude dun préstamo a outra biblioteca.

O máximo de solicitudes que podes realizar é de 1 exemplar. Terás 7 días para recoller o solicitado, e de non facelo sancionarémoste con 10 días sen préstamo.

Tamén podes facer unha suxestión de compra (desiderata) dun libro ou outro material á biblioteca, no mostrador do andar baixo, a través deste formulario, ou desde o catálogo da biblioteca. 

No servizo de adquisicións valorarán a túa petición e se a aceptan, ti serás o primeiro en utilizar a obra.

Se traballas nunha biblioteca e o que queres é que che prestemos materiais da nosa colección, solicítao a través da Solicitude de préstamo interbibliotecario (para bibliotecas)