Titorial de Internet básico e correo electrónico
Titorial elaborado pola Biblioteca Regional de Madrid Joaquín Leguina que inclúe as nocións básicas de Internet e correo electrónico, así como unha selección de recursos gratuítos dispoñibles en Internet.
Titorial de ofimática básica
Titorial elaborado pola Biblioteca Regional de Madrid Joaquín Leguina para iniciarse no manexo do ordenador. Inclúe nocións básicas sobre programas ofimáticos e manexo do rato, así como unha selección de recursos gratuítos dispoñibles na Internet.
Biblioteca de Literatura Infantil y Juvenil da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Biblioteca dixital de autoras e autores españois e hispanoamericanos de obras infantís e xuvenís, revistas, contos, bibliotecas de autor, fonoteca de obras clásicas, obradoiros, ligazóns institucionais... dirixido ao mundo da educación, edición, formación e investigación.
Wiki Saber
Portal educativo para o ensino e o aprendizaxe colaborativos. Conta coa colaboración de institucións como London Grid for Learning, a Universidad de Salamanca e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Dirixido a todos os cursos do ensino obrigatorio, Wikisaber quere ser o marco para que pais e nais, profesorado e alumnado poidan compartir coñecemento e se comuniquen entre si, ademáis de aportarlles recursos e contidos de calidade.
Skool.es
Páxina web que recolle contidos sobre ciencia dirixidos a alumnado de primaria, secundaria, profesorado, pais e nais. Conta co apoio da Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Universidad de Salamanca.
A ciencia é divertida
Páxina web do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Nela se recollen curiosidades científicas, experimentos, anécdotas etc.
El abuelo educa
Esta páxina presenta un método didáctico práctico, baseado no entretemento, para ensinar e aprender xogando matemáticas, inglés, xeografía...
Aprendo música
Páxina web que contén xogos para a aprendizaxe de conceptos musicais: ritmos, notación musical...
Actividades y juegos para aprender y practicar el lenguaje musical
Proxecto Biosfera
Páxina web do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Contén unidades didácticas multimedia interactivas, ferramentas e recursos para as materias de Bioloxía e Xeoloxía no Ensino Secundario Obrigatorio e o Bacharelato que aproveitan as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías.
CER.ES (Colecciones en Red)
Esta páxina presenta un método didáctico práctico, baseado no entretemento, para ensinar e aprender xogando matemáticas, inglés, xeografía...