Normativa de uso das instalacións da biblioteca

Para garantir o bo funcionamento da biblioteca e a comodidade de todas as persoas é preciso respectar unhas normas básicas:

 

  • Gardar silencio nas zonas de lectura e falar baixo nas demais.
  • Apagar ou silenciar os teléfonos móbiles.
  • Repoñer os materiais que se extravíen ou danen e velar pola integridade dos fondos da biblioteca, que son patrimonio común.
  • Non sacar da biblioteca ningún documento sen efectuar previamente o préstamo.
  • Deixar os libros que se consultan na biblioteca nun carro para que o persoal da biblioteca os coloque no seu sitio.
  • Deixar os bolsos de gran tamaño, mochilas e maletas nos armarios que hai na biblioteca.
  • Non se permite reservar postos de lectura.
    A ausencia do posto de consulta por un espazo de tempo superior a 20 minutos dá dereito a calquera persoa a ocupar o posto. O persoal da biblioteca non se encarga de controlar / xestionar estas ausencias.
  • Non se permite mover as cadeiras.
  • Cumprir en todo momento as directrices publicadas polas autoridades sanitarias en relación á COVID-19

Sala infantil

Na sala infantil o nivel de ruído é superior ao das outras salas, pero non se permiten berros nin escándalos. Ademais hai unha serie de normas básicas:

  • O acceso á sala infantil é para todos os públicos, pero os postos de lectura son unicamente para uso dos e das menores de 14 anos e as persoas acompañantes.
  • Os catálogos en liña son para uso de todos os públicos, mais os postos de consulta de internet, ofimática e audiovisuais son de uso exclusivo para os e as menores de 14 anos.
  • As nenas e nenos ata os 7 anos de idade teñen que estar acompañados dunha persoa adulta en todo momento, que ten a responsabilidade do seu bo comportamento.
  • Os rapaces e rapazas de 8 anos en adiante que molesten, berren en exceso ou teñan un comportamento pouco axeitado e/ou que poida interferir no estudo ou lectura dos outros usuarios/as, poden ser expulsados da sala.
  • As persoas adultas interesadas en ler algún libro da sala poden facelo na zona Recuncho de pais e nais ou levalo a outro andar.
  • As persoas menores de 14 anos interesadas na consulta de documentos doutras salas poden collelos e baixalos á sala infantil para consultalos, coa excepción da prensa diaria. O persoal da biblioteca non controla estas lecturas, teñen que facelo os/as acompañantes adultos/as.
  • A bebeteca é para menores de 4 anos e acompañantes. Nesta zona é obrigatorio descalzarse por razóns de hixiene.
  • O uso dos baños está reservado para os/as menores e os/as seus acompañantes.
  • Igual que no resto das salas non está permitido comer, beber e falar por teléfono.
  • Está permitido beber auga e, por suposto, dar o peito.

Uso dos reprodutores de dvd e blu-ray

  • Para utilizar os reprodutores de dvd e blu-ray da biblioteca é preciso ter carné de biblioteca.
  • Para o uso dos reprodutores de dvd e blu-ray situados no 2º andar hai que pedir un mando en préstamo no mostrador desa sala. O préstamo só se fai so carné da biblioteca.
    O carné é persoal e intransferible polo que non pode usarse o doutra persoa, tampouco se aceptan autorizacións.
  • Non está permitido utilizar os televisores sen o mando. O mando pode usarse 2 veces ao día por un tempo máximo de 3 horas.
    A sanción por non respectar estas normas é de 3 días sen poder levar nada en préstamo nin usar os reprodutores de dvd e blu-ray.
  • A persoa que ten o mando en préstamo é a súa responsable ata a devolución.
    No caso de que as pilas desaparezan durante o seu uso, bloquearase á persoa ata que as repoña e terá unha sanción de 7 días sen poder levar nada en préstamo nin usar os reprodutores de dvd e blu-ray.
  • Os mandos deben devolverse sempre ao persoal da biblioteca, non poden deixarse enriba do mostrador nin noutro lugar.
    O incumprimento desta norma sancionarase cun día sen poder levar nada en préstamo nin usar os reprodutores de dvd e blu-ray. No caso de non haber persoal da biblioteca no mostrador do 2º andar, devolverase no mostrador do andar baixo.
  • As películas deben deixarse nun carro, nunca nas mesas nin nas cadeiras.

 

O incumprimento destas normas pode conlevar a suspensión do uso do Carné de usuario/a da Rede de bibliotecas