O servizo de acceso a Internet e ofimática engloba:
Conexión wifi
A conexión wifi é pública e gratuíta con cobertura en todos os espazos da biblioteca.
O acceso á Internet a través da rede wifi da biblioteca non ten limitacións no tempo de conexión. Para conectarse á wifi da biblioteca é preciso identificarse por medio dun nº de teléfono móbil, un certificado dixital ou o DNI-e.
O rexistro só hai que facelo a primeira vez seguindo esta guía.
Todos os accesos nos que o/a usuario/a non estea correctamente identificado/a serán cancelados. A utilización deste servizo leva asociado un uso responsable do mesmo, respectando a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e evitando a descarga de contidos que poidan colapsar a rede.
Conexión á Internet e ferramentas ofimáticas
Os postos de ordenadores con conexión á Internet distribúense por todos os andares da biblioteca, estando a meirande deles no andar baixo. Todos eles contan con ferramentas ofimáticas.
Para a utilización deste servizo é preciso ter en conta as seguintes indicacións:
- O acceso a este servizo está aberto a todo o público
- Cada persoa só pode darse de alta neste servizo unha vez e ter un único nome de usuario rexistrado
- O tempo máximo para a utilización deste servizo é de 90 minutos diarios ininterrompidos.
- Por motivos de seguridade non se pode instalar ningún programa nin modificar a configuración do ordenador. Este reiniciarase automaticamente ao remate de cada sesión de xeito que calquera arquivo creado durante a mesma será borrado do equipo.
- Para a creación de documentos a biblioteca proporciona acceso ao paquete de ofimática Libre Office.
- Estes ordenadores tamén poden empregarse para consultar CD e DVD particulares ou da biblioteca (solicita un lector externo no mostrador de información) así como memorias USB particulares. O ordenador da hemeroteca está equipado cun escáner para gardar as buscas en diversos soportes, respectando o disposto na lexislación vixente en materia de propiedade intelectual.
- No uso dos recursos da Internet a persoa usuaria debe comprometerse a respectar en todo momento a lexislación vixente e a facer un uso adecuado do servizo. Non se permite o acceso a páxinas con contido racista, xenófobo, pornográfico, violento ou que incite á violencia.
- A biblioteca non se fai responsable en ningún caso da información que puidese recuperar ou á que puidese acceder a persoa usuaria a través dos postos de consulta de Internet.
- Os ordenadores da Sala Infantil son de uso exclusivo dos/as menores de 14 anos e os/as seus/súas acompañantes.
- Os/as menores de 16 anos deben ter a autorización do pai/nai ou titor/a, os cales deben rexistrarse previamente.