Roteiro literario por Compostela
Roteiro literario

Roteiro virtual pola cidade compostelá recreando once lugares descritos por cinco autores galegos, recollidos en cinco obras vencelladas ao xénero negro ou á narrativa de intriga.

A biblioteca Ánxel Casal achégavos á cidade compostelá a través deste roteiro virtual -realizado pola empresa Imasv- que recrea once lugares descritos por cinco autores galegos, recollidos en cinco obras asociadas ao xénero negro ou á narrativa de intriga, que podedes atopar no noso catálogo.

Once textos que describen rúas, prazas, parques e distintos recunchos da cidade, nos que se agochan criminais de toda caste, ao amparo da monumental pedra. Lugares polos que agora podedes pasear virtualmente e tamén podedes escoitar grazas á colaboración voluntaria de diferentes persoeiros que participan día a día no facer da nosa cultura.