SERVIZOS

Resultados 1 a 10 de 10

Servizo de préstamo

O servizo de préstamo ofrece ao público a posibilidade de ler ou consultar durante un tempo determinado e de forma gratuíta, os documentos prestables da biblioteca.

Préstamo de tablets

Inauguramos o servizo de préstamo de tablets

Servizo de información e referencia

Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoio na resolución de necesidades informativas específicas.

Servizo de consulta de documentos

Con este servizo a biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro.

Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos (GaliciaLe)

O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase para os usuarios/as das bibliotecas públicas galegas a través do servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos dirixido aos lectores/as con carné de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que, de xeito gratuíto, teñen á súa disposición estes recursos.

Préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos

A biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición dos seus usuarios/as lectores de libros electrónicos e portátiles.

Servizo de acceso a Internet e ofimática

A biblioteca proporciona acceso gratuíto a Internet e a ferramentas ofimáticas dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.

Fotografía do salón de actos

Cesión de espazos

A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro para toda a comunidade.

Biblioteca Accesible

A Biblioteca Accesible ten como obxectivo que toda persoa con calquera tipo de discapacidade poida acceder á biblioteca e aos recursos informativos que hai nela, en igualdade de condicións que as persoas sen discapacidade.