Os espazos que a biblioteca cede distribúense do seguinte xeito:
Salas de traballo en grupo. Servizo suspendido ata novo aviso
A biblioteca conta con 2 salas de traballo en grupo situadas no 3º andar a disposición de quen precise utilizalas para reunirse, facer traballos... sempre que se trate de actividades sen ánimo de lucro.
Para gozar deste servizo tan só é preciso que, como mínimo, sexan dúas as persoas que vaian facer uso da sala, e que haxa disponibilidade. A reserva faise directamente no mostrador do andar baixo ou chamando ao teléfono 881 999 401.
Salón de actos
O salón de actos está a disposición de calquera particular, entidade ou asociación que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións de libros, exposicións, conferencias, cursos...).
A solicitude pode facerse por calquera das seguintes vías:
- Dirixindo unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo direccionbps@xunta.gal
- Cubrindo o formulario de reserva de instalacións
A persoa particular ou representante da institución ou entidade interesada en facer a reserva deberá presentar na biblioteca o formulario de reserva de instalacións asinado.
Pódese iniciar o trámite cubrindo o formulario e, cando se confirme a reserva, asinar o documento.
A sinatura deste documento garante que a persoa ou institución solicitante reúne os requisitos e condicións establecidas pola biblioteca e que están de acordo coa normativa da mesma para o uso destas instalacións.