Préstamo de xogos de mesa e xogos de lóxica

Na biblioteca seguimos ampliando os materiais dispoñibles para o préstamo e inauguramos este novo servizo de préstamo a domicilio de xogos de mesa e xogos de lóxica.

Os xogos están ubicados na sala infantil e o préstamo realízase no mostrador de información do andar baixo como o resto dos materiais.

Requisitos

  • Ter carné de adulto/a. 
  • Non ter préstamos sobrepasados ou sancións.

Lembra traer o carné da biblioteca. O carné é persoal e intransferible polo que podemos pedirche calquera documento complementario que acredite a túa identidade.

Condicións

  • Só se pode prestar un xogo por persoa.
  • A duración do préstamo é de 21 días con dereito a renovación doutros 21 días.

Pedímosche que trates os xogos con mimo e poñas coidado xa que teñen pezas pequenas que poden perderse facilmente. 

Queremos que estes xogos duren moito tempo para que poidan gozar deles moitas familias e grupos.

Na sala infantil e na zona de mozos e mozas (2º andar) da biblioteca tamén hai xogos para ordenador e diferentes consolas que poden levarse en préstamo coas mesmas condicións que o resto dos materiais pero con calquera tipo de carné (infantil ou adulto/a)