Os materiais obxecto de consulta son todos aqueles non prestables como:
- Obras de referencia: enciclopedias e dicionarios, repertorios bibliográficos...
- Fondos especiais: obras con dedicatorias ou anotacións manuscritas autógrafas, doazóns de especial relevancia...
- Fondo patrimonial
O acceso aos fondos de carácter especial e/ou patrimonial da biblioteca requirirá a presentación previa dunha petición por escrito por parte da persoa usuaria dirixida á dirección da biblioteca. Nela se indicarán os motivos polos que se solicita a súa consulta. A autorización estará suxeita a criterios técnicos de conservación e preservación dos materiais solicitados.
A biblioteca tamén pon a disposición da cidadanía os medios necesarios (postos de lectura, lectores de son e de audiovisuais etc.) para que as persoas que o desexen tamén poidan consultar os materiais prestables dentro da propia biblioteca sen necesidade de levalos en préstamo.
Así mesmo, poderán solicitarse materiais doutras bibliotecas para a súa consulta nas mesmas condicións.
O servizo de consulta de documentos ofrécese de maneira simultánea en todas as salas da biblioteca.