Servizo de información e referencia

Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoio na resolución de necesidades informativas específicas.

 

A través deste servizo, a biblioteca atende as seguintes consultas:

- Información xeral: preguntas sobre o funcionamento da propia biblioteca, os seus fondos e servizos, o seu catálogo en liña e consultas bibliográficas sinxelas. 

- Información bibliográfica e de referencia: preguntas relacionadas coa busca da bibliografía existente sobre un tema determinado ou coa obtención de información puntual de carácter específico. 

- Información lexislativa: hai un ordenador no 3º andar para o uso exclusivo de consulta das bases de datos do Boletín Oficial do Estado á disposición dos usuarios e usuarias.

As consultas de información xeral aténdense:

  • De forma presencial en todos os mostradores da biblioteca
  • Por teléfono (só consultas de información xeral): 881 999 401 / 881 999 408 / 881999417

As consultas bibliográficas aténdense:

Complementado este servizo de información e referencia, toda persoa pode dirixirse a Pregunte, as bibliotecas responden, proxecto de información público en Internet xestionado por varias bibliotecas públicas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Este servizo, atendido por persoal especializado das bibliotecas participantes, está aberto a toda a cidadanía e funciona 24 horas, 365 días ao ano co compromiso de contestar nun prazo máximo de dous días (excepto festivos e fins de semana). As preguntas poden tratar sobre calquera tema puntual e concreto.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS