Para poder facer uso deste servizo é necesario ter o carné da biblioteca, válido para as bibliotecas que forman parte da Rede:
- Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
- Biblioteca Pública de Lugo
- Biblioteca Pública de Ourense
- Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
- Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
- Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
- As 335 bibliotecas de titularidade pública local dependentes de concellos ou entidades públicas locais.
- As 13 bibliotecas públicas e de titularidade privada.
Podes consultar todas as bibliotecas no directorio da Rede.
Ademais do préstamo, a posesión do carné da biblioteca dá acceso:
- Á plataforma de libro electrónico GaliciaLe
- Á páxina personalizada do catálogo onde cada lector ou lectora pode renovar os seus préstamos, suxerir compras, facer comentarios...
Para obter o carné, tan só é preciso:
- Cubrir o formulario de solicitude a través do OPAC ou de forma presencial en calquera destes centros. Mostrar o DNI ou o pasaporte para recoller o carné.
- No caso de menores de 14 anos é necesario aportar o nome e DNI (ou pasaporte) dunha persoa adulta (pai, nai, titor, titora) responsable do menor.
- Se a peticionaria é unha entidade, a dirección da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable.
O carné de biblioteca é gratuíto, persoal e intransferible. Pode autorizarse a usalo a outra persoa no caso de que o interesado ou a interesada non poida acudir á biblioteca. A autorización pode descargarse aquí para entregar asinada na biblioteca ou cubrila aquí e asinala ao acudir á biblioteca.
Calquera cambio nos datos persoais (traslado de domicilio, información de contacto...) deberá comunicarse á biblioteca para que esta poida proceder á súa modificación a efectos de comunicacións.
A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda. Neste último caso é preciso cubrir unha nova solicitude.
Modalidades de préstamo
A biblioteca ofrece o servizo de préstamo baixo as seguintes modalidades:
Préstamo persoal a domicilio
Préstamo que se realiza na propia biblioteca preferentemente nas máquinas de autopréstamo. Tamén se pode realizar no mostrador do andar baixo.
Público adulto
O total de préstamos co carné de adulto ou adulta é de 20 por persoa. Poden facerse combinacións cos materiais para público adulto e infantil.
Cadro resumo do préstamo para público adulto
Público infantil
O total de préstamos co carné infantil é de 17 por persoa.
Cadro resumo do préstamo para público infantil
A biblioteca proporciona, ademais, a posibilidade de levar en préstamo os documentos que non se atopen entre os fondos do centro pero si nalgunha das seguintes bibliotecas públicas:
- Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
- Biblioteca Pública de Lugo
- Biblioteca Pública de Ourense
- Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
- Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
- Biblioteca Municipal de Ferrol
A persoa usuaria pode localizar o título do seu interese no catálogo colectivo destas bibliotecas e solicitalo por calquera das seguintes vías:
- De forma presencial
- Por teléfono, chamando ao 881 999 408 / 881 999 417
- A través da Solicitude de préstamo a outra biblioteca
O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1. No caso de que a obra estea constituída por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie etc.), poderán solicitarse ata un máximo de tres documentos.
O prazo de recepción do material solicitado adoita ser de 2 ou 3 días. Unha vez recibido, a biblioteca comunica á persoa peticionaria a chegada do documento. A partir dese momento dispón de 7 días para recollelo. No caso de que non solicitalo nese prazo, a sanción é de 10 días sen préstamo.
Se o material solicitado non se atopa nin na biblioteca nin no resto de bibliotecas da Rede, pódese facer unha suxestión de compra que será valorada polo centro.
Préstamo interbibliotecario
O préstamo interbibliotecario é un servizo que facilita ao público o acceso ás publicacións que precise para fins de investigación ou estudo pero que non se atopen entre os fondos da Biblioteca nin das restantes bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia.
A biblioteca localiza a obra e a solicita á entidade correspondente polo método máis urxente, xa sexa o orixinal ou unha reprodución do mesmo (fotocopia, copia escaneada etc.). A consulta dos orixinais solicitados faise nunha sala da Biblioteca a non ser que a biblioteca prestataria permita o préstamo a domicilio.
A persoa solicitante pode pedir unha obra en préstamo interbibliotecario por calquera das seguintes vías:
- De forma presencial, en calquera mostrador cubrindo un impreso de solicitude
- Por teléfono, chamando ao 881 999 420
- Por correo electrónico: pi-bpanxelcasal.cultura@xunta.gal
- A través do formulario web Solicitude de préstamo a outra biblioteca, ou Solicitude de Préstamo Interbibliotecario (para bibliotecas)
Os gastos deste servizo, se os hai, son pola conta do usuario ou usuaria.
O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1.
O prazo de recepción do material solicitado depende da biblioteca prestataria (distancia, método de envío...). Unha vez recibido, a biblioteca comunícalle á persoa solicitante a chegada do documento. A partir dese momento, dispón de 7 días para recollelo. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción é de 10 días sen préstamo.
Préstamo colectivo a entidades
Servizo que ofrece a biblioteca a asociacións, institucións, colexios e institutos, centros ocupacionais, agrupacións culturais, centros de recursos, grupos de teatro e outros colectivos.
A dirección ou persoa encargada da institución solicitará a alta da entidade cubrindo a Solicitude do carné de entidade e nomeando a unha persoa responsable. Tamén é preciso cubrir unha autorización e entregala asinada na biblioteca, pódese descargar aquí ou cubrila aquí e asinala ao acudir á biblioteca.
O número máximo de documentos que se poden retirar por carné é de 60 por biblioteca, 120 en total en toda a Rede.
Cadro resumo do préstamo para entidade
Levámosche os préstamos á casa
Se estás enferma/o, encamada/o ou tés problemas de mobilidade levámosche os préstamos á casa. Expón o teu caso e nós estudiámolo. Podes facelo a través deste formulario.
A casa ten que ser dentro do casco urbano con servizo de bus. O préstamo é igual ca todos, pero por 42 días todo o material.
Renovacións
Os materiais prestados pódense renovar transcorridos 5 días desde a realización do préstamo, ata o día da súa caducidade:
- Por teléfono, chamando ao 881 999 408 / 881 999 417
- Na propia biblioteca
- Vía web entrando no catálogo previa identificación co número de carné da biblioteca e un contrasinal.
Non se permite a renovación dos documentos reservados.
Reservas
No caso de querer levar en préstamo un exemplar que estea prestado a outro usuario ou usuaria, pódese reservar na biblioteca. O número máximo de reservas por persoa é de 6 (3 para libros e revistas, 2 para outros materiais e 1 para libros electrónicos)
O prazo para recoller as reservas é de 3 días, no caso de non recollelas quedan anuladas.
Os documentos reservados non se poden renovar.
Devolucións
Todas as devolucións efectuanse na mesma biblioteca onde se realizou o préstamo, independentemente da súa modalidade. O material prestado pode devolverse:
- Nas máquinas de autodevolución, situadas no andar baixo da biblioteca.
- Na caixa de correo situada no exterior das instalacións da biblioteca, fóra do horario de apertura da biblioteca.
Sancións
Non respectar os prazos de préstamo sanciónase con 1 día sen poder levar ningún material en préstamo por cada día e documento adiado. Se o documento non se devolve á biblioteca, o carné de lector/a queda bloqueado permanentemente e non ten validez en ningunha das bibliotecas da rede.
En caso de deterioro dun documento por parte dunha persoa usuaria, o persoal da biblioteca valora se é posible a súa reparación cos medios de que dispón. Se non é asi, debe repoñelo o propio usuario ou usuaria.
En caso de perda dun documento por parte dunha persoa usuaria, debe repoñelo.
Se o exemplar xa non está dispoñible no mercado, o persoal da biblioteca propón un título alternativo. Mentres, o lector ou lectora non pode levar ningún material en préstamo.