Estar en posesión do carné da biblioteca dá acceso ao servizo de préstamo de libros electrónicos a través da plataforma GaliciaLe.
GaliciaLe
GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras teñen o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
GaliciaLe engloba dous catálogos:
- “Catálogo do libro electrónico galego” e
- “Catálogo do libro electrónico en castelán”
Os libros incluídos nestas dúas contornas poden lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.
Para poder acceder ao préstamo dos libros electrónicos tan só é preciso ser usuario/a con carné da biblioteca e estar rexistrado/a na base de datos de GaliciaLe.
Máis información en http://www.galiciale.gal/ e na propia biblioteca.