Actividade

As actividades da Sala infantil da Biblioteca terán a partir de agora aforo limitado, para poder acudir a elas será preciso dispor dunha invitación que facilitaremos na Biblioteca en rigorosa orde de petición.

Para as actividades dos máis pequenos (0 a 3 anos) o número de invitacións dispoñibles será de 25, para as de nenos a partir de 3 anos será de 35. 

A recollida das invitacións farase desde o luns anterior á actividade no mostrador de Recepción en horario de mañá, na Hemeroteca en horario de tarde e na propia Sala infantil o día da actividade.

Cada invitación dará acceso a un neno e a un único adulto acompañante. Poderase recoller como máximo as invitacións de dous nenos á vez (salvo que sexan irmáns).

 

 

IMPORTANTE:

A Biblioteca ofrecerá a posibilidade de facer reservas de invitacións desde o luns anterior á actividade chamando ao teléfono 886 120 440 (Non se admitirán reservas o día da actividade). Poderase reservar como máximo as invitacions de dous nenos por cada chamada (salvo que sexan irmáns).

Para acceder ás actividades será necesario que as persoas que teñan reservada a súa invitación a recollan ao menos 15 minutos antes do comezo da actividade. 

Aqueles que non sexan puntuais perderán o dereito á reserva e a súa invitación será entregada á xente que acuda á biblioteca e se anote na cola de reservas.

Prégase a aquelas persoas que teñan feita unha reserva e non poidan acudir á actividade, que procedan a súa cancelación coa maior anticipación posible. De incurrir en varias ausencias sen xustificar, a Biblioteca reservase o dereito á exclusión destas persoas en futuras actividades.