Formación de usuarios

Visita a biblioteca e os seus servizos

Sesións formativas para que os usuarios que o desexen amplien o seu coñecemento da biblioteca e das posibilidades que esta lles ofrece. Estas sesións terán lugar unha vez ao mes, o primeiro martes de cada mes ás 12:30 h. Inscrición previa.

A Biblioteca ofrece tamén a posibilidade de concertar sesións baixo demanda para grupos, tanto sobre estes mesmos temas como sobre outros que poidan ser suxeridos polos nosos usuarios.