Visitas escolares

Teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos e nenas.

Durante a visita os escolares visualizarán vídeos explicativos da historia, funcionamento e recursos da biblioteca, pasarán polo espazo de exposición e consulta de libros curiosos, e gozarán de contacontos, xogos e actividades didácticas na área infantil-xuvenil.

Vai dirixido a escolares desde 4º de Educación Infantil ata 2º da ESO e o número máximo de escolares por grupo é de 25.

 

Requírese a inscrición previa chamando ao teléfono 986 229 074 achegando os seguintes datos :

  • Nome do centro, persoa de contacto e teléfono
  • Idade dos escolares
  • Número de participantes
  • As visitas fanse todos os días, excepto os luns, de 10:00 a 12:00 h.