Ano Iberoamericano das Bibliotecas
01/01 - 31/12
Varios espazos



Que é o Ano Iberoamericano das Bibliotecas?

O 2021 foi declarado Ano Iberoamericano das Bibliotecas na pasada  XX Conferencia Iberoamericana de Ministras e Ministros de Cultura de Iberoamérica, realizada en 2019. Este acordo establece unha oportunidade de abrir unha conversación rexional sobre a vixencia das bibliotecas na rexión e o seu rol no desenvolvemento dos países iberoamericanos.

No contexto da pandemia, e no medio de amplos retos no acceso á información, todos os tipos de bibliotecas reafirmáronse como espazos necesarios para que as persoas accedan a un coñecemento  confiable, lugares  garantes do acceso á información e do desenvolvemento dos seus dereitos culturais.

O Ano Iberoamericano das Bibliotecas congregará a todas as tipoloxías de bibliotecas: públicas, populares, comunitarias, dixitais, móbiles e itinerantes, universitarias, escolares, especializadas, indíxenas, en cárceres ou prisións, nacionais, entre outras.

Quen o organiza?

O Ano Iberoamericano das Bibliotecas convoca a todos os actores e entidades dedicadas ao traballo bibliotecario en Iberoamérica. Para a súa organización creouse un comité liderado por  Iberbibliotecas e con participación das seguintes entidades:

  • Secretaría General Iberoamericana – SEGIBEnlace externo, se abre en ventana nueva
  • Centro Regional para el Fomento del Libro en América Latina y el Caribe – CERLALCEnlace externo, se abre en ventana nueva
  • Federación Internacional de Asociaciones de Bibliotecarios y Bibliotecas, Sección para América Latina y el Caribe – IFLA LACEnlace externo, se abre en ventana nueva
  • Asociación de Estados Iberoamericanos para el Desarrollo de las Bibliotecas Nacionales de Iberoamérica – ABINIA
  • Iberbibliotecas

Máis información: https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/ano-iber...