Ler no verán
17/07 - 31/08
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Contádenos que ledes en verán na biblioteca infantil e participade nun sorteo semanal de agasallos

Hai moitas razóns para ler, sobre todo no verán:

  1. Moita xente le e non poden estar equivocados: papás, mamás, irmáns, amigos e amigas, superheroes.
  2. Levamos o libro onde queiramos: á praia, de excursión, ás festas, a durmir a casa das amigas, ao campamento, de viaxe...
  3. Hai unha enorme variedade de lecturas: aventuras, poesía, animais, ciencias, unicornios, detectives, artistas, cociñeiras...

  4. Visitar as bibliotecas, lugares marabillosos e divertidos, para coller libros.

  5. Contarlles no cole aos amigos e amigas o que liches no verán.

  6. Participar no sorteo de agasallos se nos contades as vosas lecturas de verán.

Colle unha papeleta, escrebe que les en verán, bótaa na urna e entra no sorteo dun agasallo cada semana.