Os Nunkis
14 de Outubro, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
La compañía espectacular

A neta de Nicolás e o seu amigo -o músico rariño- achégannos ao mundo dos Nunkis, desvelando o secreto tan ben gardado do avó...

Os Nunkis son unhas criaturas enigmáticas, descoñecidas, invisibles para o ollo humano... encargados de coidar a memoria das persoas.

O protagonista do conto é Nicolás, un neno amigo dos Nunkis, que vive na maxia e cree no seu poder persoal. Cunha importante misión que levar a cabo.

O conto transmite valores esenciais como a escoita, a axuda, o respecto e o traballo en equipo.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 dende o luns anterior á actividade.