AXENDA
Xogar coa arte
02/07 - 27/07
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Laboratorio artístico baseado na obra de Bruno Munari impartido por Arte y Garabato

O método Munari fundaméntase en proporcionar ás nenas e nenos experiencias de aprendizaxe baseadas no descubrimento, a experimentación e o xogo, co obxectivo de desenvolver o seu pensamento visual, crítico e creativo. A través de catro actividades distintas - Libro ilexible, Deseños con papel, Debuxar o sol e Debuxar unha árbore- os pequenos fan por si mesmos, aplicando os principios da pedagoxía activa, xerando un espazo para a liberdade de pensamento/acción e a creatividade.

Haberá catro edicións ao longo do mes de xullo, teredes que escoller unha para anotarvos:

  • do 2 ao 5 de xullo.
  • do 9 ao 12 de xullo.
  • do 16 ao 19 de xullo.
  • do 23 ao 27 de xullo.

Anótate na semana que prefiras e virás catro días, de luns a xoves, dúas horas cada día, de 11:00 a 13:00 h. Cada día farase unha actividade das enumeradas (Libro ilexible, Deseños con papel, Debuxar o sol e Debuxar unha árbore). 

A idade para anotarse será de 4 anos en adiante.