Clubs de lectura 2020/2021

Volven os clubs de lectura á biblioteca. Cun novo formato de inscrición e grupos para garantir as mellores condicións de seguridade.

-Preinscrición non presencial: do 14 ao 18 de setembro recolleremos tódalas peticións de preinscrición por dúas vías:

Con tódalas solicitudes recibidas eses días realizarase un sorteo para cada club de lectura segundo o día, idioma e horario.

-Idiomas, días e horarios dispoñibles: 8 grupos en total, poderedes preincribirvos nos grupos que queirades, pero só poderedes asistir a 1 (se unha persoa saíse elixida en dous sorteos, se lle asignará o grupo no que saíse primeiro):

  • Francés luns 19.30-20.30 h.
  • Italiano martes 19.30-20.30 h.
  • Castelán mércores 18.00-19.00 h.
  • Castelán mércores 19.30-20.30 h.
  • Portugués xoves 18.00-19.00 h.
  • Galego xoves 19.30-20.30 h.
  • Inglés venres 18.00-19.00 h.
  • Inglés venres 19.30-20.30 h.

Cada grupo terá un máximo de 10 asistentes.

-Data de inicio das sesións: 19 de outubro.