O acceso a biblioteca é libre. Só necesitas o carné de usuario/a para o uso de certos servizos da biblioteca.
Se queres facer o carné de usuario/a da biblioteca ofrecémosche dúas posibilidades:
- Vir á biblioteca e cubrir un formulario na hemeroteca (farémosche nós a fotografía). No caso dos menores de 14 anos, os pais/titores teñen que asinar o formulario.
- Solicitalo a través do seguinte formulario web.
O carné expedirase no prazo de 1 día hábil e para recollelo será necesario amosar un documento identificativo.
No caso de ter algún problema ou dúbida no momento de cubrir o formulario, podes enviarnos un correo electrónico á seguinte dirección: biblio.publica.vigo@xunta.gal