Como podo facer unha doazón?

Quero facer unha doazón á Biblioteca, que teño que facer?

 

POLÍTICA DE DOAZÓNS DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE VIGO

A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel promove e agradece todas aquelas doazóns de libros e outros documentos que apoien os fins da institución e acepta moi gustosa todos aqueles materiais que contribúan ao enriquecemento do patrimonio bibliográfico galego.

 

NORMAS XERAIS:

Facer unha  listaxe das obras que se queren doar que inclúa os seguintes datos: autor, título, editorial e ano. 

Así mesmo deberán figurar os datos de contacto do doante (teléfono, enderezo e correo electrónico) para unha posterior comunicación.

Non se aceptarán doazóns se antes non se recibe a listaxe.

A listaxe de obras (dispoñible aquí para a súa descarga) poderá entregarse en recepción na biblioteca ou ben enviarse adxunta por correo electrónico á seguinte dirección prestamo.biblioteca.vigo@xunta.gal

Unha vez revisada a listaxe de obras, a Biblioteca se poñerá en contacto co doante para comunicarlle se a doazón é aceptada ou non.

Unha vez entregada a doazón, o doante aceptará que é definitiva e irreversible, e que en consecuencia o material doado pasará a ser propiedade legal da Biblioteca, reservándose esta o dereito a organizar, manter, doar a terceiros, expurgar, situar e utilizar os fondos como considere.

 

MATERIAIS QUE NOS PODEN INTERESAR:

Libros, DVDs, folletos, fotografías, carteis, postais e calquera outro documento de autor galego ou referido a Galicia anterior a 1958 e moi especialmente os que fan referencia ao Concello de Vigo.

Obras raras ou de especial valor bibliográfico.

Tamén poderán ser aceptados libros e outros documentos de actualidade, ben encadernados e que se atopen en bo estado de conservación.

 

MATERIAIS QUE NON NOS INTERESAN:

Libro ou documento que se atope roto, sucio, danado, con humidade, mal encadernado, e, en xeral, en mal estado de conservación.

Libros de texto.

Enciclopedias.

Anuarios, estatísticas, directorios, nin libros técnicos ou de carácter científico de máis de 2 anos de antigüidade.

Documento audiovisuais en formatos obsoletos, vídeos en VHS, etc.

Coleccións de xornais ou revistas que non sexan de temática local, nin números soltos que non completen a colección que xa conserva a biblioteca.

Reproducións, fotocopias, nin copias gravadas de audiovisuais.

Se tes algunha dúbida ou consulta podes dirixirte á biblioteca 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS