Emilia Pardo Bazán e Vigo. A cidade vista pola escritora

"Todo el día se oye en Vigo el tintín de los picos; veis alzarse casas de una suntuosidad que sorprende, bordadas, afiligranadas, recargadas de adornos. [...] Lo que sé es que no conozco casas más repinicadas que las nuevas de Vigo".

(Emilia Pardo Bazán, “La Vida Contemporánea”, en La Ilustración Artística, nº 1396, 28 de setembro de 1908).

Das súas moitas viaxes, Emilia Pardo Bazán visitou Vigo entre 1908 e 1910. Como mostra do seu gusto pola cidade, escribiu artigos xornalísticos nos que se refire tanto a ela en xeral, como a celebracións e lugares concretos.

O 12 de maio de 2021 cúmprense 100 anos do pasamento de Emilia Pardo Bazán, a condesa nacida na Coruña en 1851, unha das principais representantes da novela e o xornalismo do século XIX.

Introduciu o Naturalismo en España, e foi pioneira na defensa da situación da muller: cobraba o mesmo que os homes polos seus artigos xornalísticos, conducía o seu propio vehículo...