Biblioteca Escolar Digital (BED)
A Biblioteca Escolar Digital do Centro Internacional de Tecnologías Avanzadas (CITA) da Fundación Germán Sánchez Ruipérez ten como obxectivo ser unha ferramenta útil para todas as persoas interesadas no uso e a incorporación das TIC na educación.
Frosti
Páxina web interactiva dirixida a nenos de 3 a 5 anos. Por medio dos xogos que propón Frosti, un pequeno can, os cativos aprenden e reforzan dunha forma entretida diferentes áreas do coñemento.
Webs para cativos e mozos
Selección de páxinas web dirixidas ao público infantil e xuvenil realizada polo “Centro Internacional del Libro” da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Abrangue numerosas temáticas: cinema, ciencia, deportes, idiomas, seguridade vial, bullying...
Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
Portal que ten por obxectivo preservar e facer accesible a prensa histórica publicada en España.
Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico
Portal que ten por obxectivo a difusión mediante facsímiles dixitais de coleccións de manuscritos e libros impresos que forman parte do Patrimonio Histórico Español.
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Esta biblioteca dixital de libre acceso ten por obxectivo a difusión da literatura e letras hispanoamericanas
Hemeroteca Digital
A Hemeroteca Dixital forma parte do proxecto da Biblioteca Dixital Hispánica, proporciona acceso público á colección dixital das revistas e prensa histórica española que alberga a Biblioteca Nacional.
Hispana
Hispana, directorio e recolector de recursos dixitais. Reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois constituíndose en agregador de contidos das coleccións dixitais.
Biblioteca Digital Hispánica (Biblioteca Nacional)
Portal libre e gratuíto de documentos dixitalizados da Biblioteca Nacional de España