Cesión de espazos

A través deste servizo, a Biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

 

 

 

 

 

 

Os espazos que a Biblioteca cede distribúense do seguinte xeito:

Sala de proxeccións :

A biblioteca conta cunha sala de proxeccións a disposición de quen precise utilizala para reunirse sempre que se trate de actividades sen ánimo de lucro. A sala está ubicada no semisoto.
 

 

Sala multiusos

O salón de actos está a disposición de calquera particular, entidade ou asociación que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións de libros, exposicións, conferencias, cursos etc.).

 

A reserva pode facerse por calquera das seguintes vías:

 

A persoa particular ou representante da institución ou entidade interesada en facer a reserva deberá presentar na Biblioteca o Formulario de Reserva de instalacións asinado.

A sinatura deste documento garante que a persoa ou institución solicitante reúne os requisitos e condicións establecidas pola biblioteca e que están de acordo coa normativa da mesma para o uso das instalacións.

*Pódese iniciar o trámite enviando ó correo electrónico biblio.publica.vigo@xunta.gal o Formulario de Reserva de instalacións sen asinar. Pero é preciso traer o orixinal asinado uns días antes do evento ou o propio día, se non é posible facelo antes.