Servizo de acceso a Internet e ofimática

A biblioteca proporciona acceso gratuíto a Internet e a ferramentas ofimáticas dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.

O servizo de acceso á Internet e ofimática engloba:

Conexión WiFi

A conexión wifi é pública e gratuíta con cobertura en todos os espazos da biblioteca.

 O acceso á Internet a través da rede wifi da biblioteca non ten limitacións no tempo de conexión. Para conectarse á wifi da biblioteca é preciso identificarse por medio dun nº de teléfono móbil, un certificado dixital ou o DNI-e.

O rexistro só hai que facelo a primeira vez seguindo esta guía.

Todos os accesos nos que o/a usuario/a non estea correctamente identificado/a serán cancelados. A utilización deste servizo leva asociado un uso responsable do mesmo, respectando a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e evitando a descarga de contidos que poidan colapsar a rede.

 

Conexión a Internet e ferramentas ofimáticas

Os postos de ordenadores con conexión a Internet e ferramentas ofimáticas distribúense do seguinte xeito:

  • Para adultos hai 14 postos na planta baixa na Sala de Internet, e 2 postos no 1º andar na Hemeroteca.
  • Para nenos menores de 14 anos hai 2 postos na Sala infantil-xuvenil ubicada no semisoto.

Para a utilización deste servizo é preciso ter en conta as seguintes indicacións:

  • O acceso a este servizo está aberto a todo o público.
  • Cada persoa só pode darse de alta neste servizo unha vez e ter un único nome de usuario/a rexistrado.
  • O tempo máximo para a utilización deste servizo é de 90 minutos diarios ininterrumpidos.
  • Por motivos de seguridade non se pode escribir no escritorio, instalar ningún programa nin modificar a configuración do ordenador. Este reiniciarase automaticamente ao remate de cada sesión de xeito que calquera arquivo creado durante a mesma será borrado do equipo.
  • Para a creación de documentos a biblioteca proporciona acceso ao programa gratuíto Open Office. A persoa usuaria pode solicitar imprimir o seus documentos cun máximo de 10 páxinas ou gardalos nunha memoria USB achegada por ela.
  • Estes ordenadores tamén poden empregarse para consultar CDs e DVDs particulares ou da biblioteca así como memorias USB particulares.
  • No uso dos recursos de Internet a persoa usuaria debe comprometerse a respectar en todo momento a lexislación vixente e a facer un uso adecuado do servizo. Non se permite o acceso a páxinas con contido racista, xenófobo, pornográfico, violento ou que incite á violencia.
  • A biblioteca non se fai responsable en ningún caso da información que puidese recuperar ou á que puidese acceder a persoa usuaria a través dos postos de consulta de Internet.
  • Os menores de 16 anos deben utilizar os ordenadores situados na Sala Infantil-xuvenil e deben ter a autorización do pai/nai ou titor/a, os cales deben rexistrarse previamente.
  • O acceso para os menores de 9 anos é sempre acompañados dunha persoa adulta.
  • Pódense imprimir ou gardar as buscas en diversos soportes, respectando o disposto na lexislación vixente en materia de propiedade intelectual. A impresión será dun máximo de 10 copias.

O usuario/a dispón dun punto de consulta en rede de recursos electrónicos na Hemeroteca.

Consulta o tríptico de uso de Wifi e Internet