Servizo de información e referencia

Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia ao lector/a na resolución das súas necesidades informativas específicas.

 

A través deste servizo, a biblioteca atende as seguintes consultas:

  • Información xeral: preguntas sobre o funcionamento da propia biblioteca, os seus fondos e servizos, o seu catálogo en liña e consultas bibliográficas sinxelas.

 

  • Información bibliográfica e de referencia: preguntas relacionadas coa busca da bibliografía existente sobre un tema determinado ou coa obtención de información puntual de carácter estatístico, lexislativo, etc. As fontes para a resolución deste tipo de consultas abranguen a colección da propia biblioteca, a doutras bibliotecas (coa posibilidade de solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario), Internet etc.

As consultas aténdense:

  • Presencialmente, nos mostradores da sala de hemeroteca no primeiro andar.
  • Por teléfono: 886 120 445
  • Por correo electrónico: biblio.hemeroteca.vigo@xunta.gal
     

Complementado este servizo de información e referencia, os usuarios/as poden dirixirse a Pregunte, as bibliotecas responden, proxecto de información público en Internet xestionado cooperativamente por varias bibliotecas públicas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado polo Ministerio de Cultura y Deporte. Este servizo, atendido por persoal especializado das bibliotecas participantes, está aberto a toda a cidadanía e funciona 24 horas, 365 días ao ano co compromiso de contestar nun prazo máximo de dous días (excepto festivos e fins de semana). As preguntas poden tratar sobre calquera tema puntual e concreto.