Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos: GaliciaLe

O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase para as persoas usuarias das bibliotecas públicas galegas a través do servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos dirixido aos lectores/as con carné de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que, de xeito gratuíto, teñen á súa disposición estes recursos. A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, como centro integrante desta rede, oferta este servizo aos seus usuarios/as.

 

Estar en posesión do carné da biblioteca dá acceso ao servizo de préstamo de libros electrónicos a través da plataforma GaliciaLe e á consulta de bases de datos, enciclopedias e outros recursos electrónicos.

 

 

GaliciaLe

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras teñen o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio, etc.) e todas as idades o seu lugar.

GaliciaLe engloba dous catálogos:

Os libros incluídos nestas dúas contornas poden lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.

Para poder acceder ao préstamo dos libros electrónicos tan só é preciso ser usuario/a con carné da biblioteca e estar rexistrado na base de datos de GaliciaLe.

Máis información en http://www.galiciale.gal/ e na propia Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS