Volve a biblioteca

 

MEDIDAS DE FUNCIONAMENTO DAS BIBLIOTECAS DE GALICIA A PARTIR DO 22 DE XUÑO E ATA O LEVANTAMENTO DA EMERXENCIA SANITARIA DE INTERESE GALEGO

 

Desde o 15 de xuño Galicia xa non está en estado de alarma. Mantense a decla­ración de situación de emerxencia sanitaria efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020. O recente Acordo do Consello da Xunta do 12 de xuño de 2020 establece as medidas de prevención necesarias para seguir controlando a pandemia, tendo en conta a subsistencia dunha situación de crise sani­taria.

Os efectos iniciáronse o día 15 de xuño e manteranse ata o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego.

 

Servizos que prestarán as bibliotecas.  

Prestaranse os servizos habituais dun equipamento cultural bibliotecario:

  • Préstamo e devolución de obras.

  • Consulta, lectura e estudo en sala.

  • Información bibliográfi­ca e bibliotecaria.

  • Préstamo interbibliotecario e intrabibliotecario.

  • Colección en libre acceso.

  • Hemeroteca

  • Uso de espazos comúns (salas de reunións, etc).

  • Préstamo de equipos telemáticos públicos e acceso OPACs.

  • Actividades culturais presenciais e dixitais.

  • Información e referencia presenciais.

  • Acceso a catálogos en fichas da biblioteca ou publicacións electrónicas.

 

Medidas de prevención:

Os centros deberán asegurarse de que todos os usuarios e usuarias adoptan as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos.

A distancia de seguridade interpersoal entre usuarios e entre estes e o persoal da biblioteca será de polo menos, 1,5 metros. Poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.

Cando non se poida manter a distancia de seguridade será obrigatorio o uso das medidas alternativas de protección física: uso de máscara, de hixiene de mans e a etiqueta respiratoria.

A obriga de uso de máscara será exixible sempre que se estea ou se deambule polos espazos común dos centros. Tamén se utilizará durante o desenvolvemento das actividades de dinamización presenciais e as visitas á biblioteca cando non se poida manter a distancia de seguridade.

Non será exixible a máscara nos supostos seguintes:

 

-As persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara.

-Persoas que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

-Situacións de forza maior ou de necesidade.

-Cando pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.

-Para os nenos e nenas que, pola súa altura, non constitúan ameaza de contaxiar.

-O persoal ou os usuarios e usuarias mentres estean sentados.

Deberanse manter á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, en lugares accesibles e visibles, e, en todo caso, na entrada da biblioteca e en cada sala ou espazo de uso público, ademais das zonas de traballo, e deberán estar sempre en condicións de uso.

 

Préstamo de libros e outros recursos da biblioteca:

  • Libros, prensa, publicacións periódicas e outros recursos de papel, non terán medidas de depósito temporal entre usos.
  • Durante a lectura da prensa manterase posta a máscara en todo momento, agás os supostos legalmente excepcionados.
  • Os usuarios e o persoal deberá desinfectar as mans antes e despois do seu uso ou manipulación.
  • Outro material da biblioteca plástico (discos, dvd…) ou obxectos electrónicos de uso público utilizado polos usuarios: non se aplicará ningunha medida de depósito temporal.  Limparanse con alcohol hisopropílico (70º) despois da súa devolución desde o préstamo.
  • Auriculares de audición para aparellos electrónicos: os usuarios utilizarán preferentemente os seus propios. Cando por circunstancias especiais deben prestarse os da biblioteca, o persoal, previa desinfección das mans, cubriraos con film transparente, que se desbotará e cambiará para o seguinte uso polo público.
  • Outros obxectos físicos da biblioteca que se intercambien cos usuarios: procurarase o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso.

 

Medidas xerais de hixiene e prevención.  

Limpeza e desinfección:

Realizarase a limpeza e a desinfección frecuente de calquera tipo de dispositi­vo, así como de cadeiras, mesas ou calquera outra mobiliario ou superficie de contacto que empreguen distintos usuarios.

Realizarase, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións, con especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes, como pomos de portas, mesas, mo­bles, pasamáns, chans, teléfonos, perchas e outros elementos de similares características, conforme ás seguintes pautas:

Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recentemente preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade viricida que se atopan no mercado e debi­damente autorizados e rexistrados. No uso dese produto respectaranse as indicacións da etiqueta.

Manterase a limpeza no cambio de quenda dos postos de traballo e nos equipamentos compartidos por máis dun traballador.

Procurarase que os equipamentos ou ferramentas empregados sexan persoais e in­transferibles. No caso daqueles equipamentos que deban ser manipulados por diferente persoal, procurarase a dispoñibilidade de materiais de protección ou o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e poste­rior ao seu uso. 

 

Manterase a ventilación periódica nas instalacións e, como mínimo, de forma diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire.

Cando os centros dispoñan de ascensor e/ou montacargas, utilizaranse preferentemente as escaleiras, deixándose o ascensor para o traballo técnico do persoal.  Cando sexa  necesario utilizalos, a súa ocupación máxima será dunha persoa, salvo que se trate de persoas conviventes ou que empreguen máscaras todos os ocupantes.

Revisarase frecuentemente o funcionamento e a limpeza de sanitarios, billas e pomos de porta dos aseos.

Manteranse as papeleiras para depositar panos e calquera outro material desbotable, que se deberán limpar de forma frecuente, e, polo menos, unha vez ao día.

 

Control da capacidade e o aforo dos espazos

Para a realización das actividades ordinarias do servizo bibliotecario así como para as actividades presenciais de dinamización bibliotecaria e cultural, as salas poderán ser ocupadas ata o setenta e cinco por cento (75%) sobre a súa capacidade ou capacidade máxima permitida. Manterase  a información pública sobre a capacidade máxima de cada espazo de uso público.

Manterase a sinalización da organización da circulación de persoas procu­rando, na medida do posible, manter a distancia de seguridad e interpersoal.

Manteranse as medidas adoptadas para evitar aglome­racións en determinadas zonas, tanto no interior como no exterior, e previa o contacto entre usuarios.

Manterase a circulación ordenada de xeito que cando se dispoña de dúas ou máis portas, procurarase establecer un uso diferencia­do para a entrada e a saída, co obxecto de reducir o risco de formación de aglomeracións. Terase en conta o cumprimento das condicións de evacuación exixibles na normativa aplicable.

O persoal de seguridade velará para que se respecte a distancia inter­persoal de seguridade e evitará a formación de grupos numerosos e aglomeracións, pres­tando especial atención ás zonas de escaleiras, ascensores, zonas comúns de paso e zonas recreativas.

As visitas de grupos serán dun máximo de ata vinte e cinco persoas, incluído o guía, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, medi­das alternativas de protección física con uso de máscara.

Manteranse e/ou estableceranse por todo o centro os percorridos establecidos para separar circu­lacións ou organizar horarios de visitas para evitar aglomeracións de visitantes e evitar interferencias entre distintos grupos ou visitas. As zonas onde se desenvolvan traballos de mantemento serán acoutadas para evitar interferencias coas actividades.

A ocupación máxima para o uso dos aseos para os usuarios será dunha persoa para espazos de ata ca­tro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso tamén se permitirá a utilización por parte do seu acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e urinarios que teña a estan­cia, e deberá manterse durante o seu uso a distancia de seguridade interpersoal.

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS