Unha historia para a Furgoteca. Concurso de relato polo Día do Libro.
Imaxinas que se publica unha historia túa sobre a Furgoteca? Pois crea o teu relato inspirado nunha biblioteca móbil como a Furgoteca.
Teremos a categoría de adultos para os maiores de 15 anos e a de infantil ata os 14 anos.
Como premio haberá un lote de libros para cada categoría.
Actividade aberta a todo o público.
PRESENTACIÓN:
- escrito a man na propia Furgoteca ou dixitalmente mediante WhatsApp no 621308856
- por correo electrónico en afurgotecalugo [at] xunta.gal (afurgotecalugo[at]xunta[dot]gal)
PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 23 de maio.