Incorpora a axenda, unha sección de avisos e as rutas detalladas coa localización das paradas.
Nesta nova web podes atopar información xeral sobre os servizos da furgoteca e enterarte das actividades e noticias de interese.
Desde o menú superior podes consultar o catálogo da furgoteca ou de calquera outra biblioteca da Rede, acceder á túa conta persoal e informarte sobre outros servizos aos que tes acceso co teu carné, como o servizo de préstamo dixital GaliciaLe ou a aplicación móbil da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Por suposto, terás sempre dispoñibles os calendarios e rutas detalladas da furgoteca. Ademais, poderás localizar no mapa os lugares de parada no teu concello.