As cantareiras e a poesía popular oral

17 de Maio 2025, 18:30
Imaxe
Casa da Cultura do Concello de Sandiás
Ourense › Sandiás

Celebramos o Día das Letras Galegas con Lucía da Fonte e Cristina Asenjo

Na Furgoteca Ourense occidental celebramos o Día das Letras Galegas 2025 cunha actividade moi especial: unha charla-obradoiro sobre a educación vocal, as implicacións emocionais da voz como ferramenta expresiva e as recollas de música popular oral polos pobos de Galicia. Ademais, desfrutaremos con Lucía da Fonte e Cristina Asenjo dun fermoso concerto de cantigas populares a dúas voces, acompañadas por pandeiretas e acordeón.

Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos, agardámoste!



DATA: 17/05/2025

HORA: 18:30h

LUGAR: Casa da Cultura do Concello de Sandiás