Xela, aventura na fraga

03 de Abril 2025, 11:30
Imaxe
CPI Padrenda-Crespos, San Roque de Crespos
Ourense › Padrenda

Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil coa autora Inma Soto

Acompáñanos a festexar o Día do libro infantil e xuvenil coa autora Inma Soto e o seu conto "Xela, aventura na fraga", creado para a posta en valor do noso patrimonio natural e cultural.

En palabras da súa autora, este conto "é unha ferramenta educativa para dar a coñecer e poñer en valor os recursos que existen no noso territorio; identificalos, sentir a natureza como unha oportunidade e facer que as nenas e nenos sintan fachenda do noso patrimonio natural e cultural".

Esperámoste!

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Horario: de 11:30h a 13:00

Lugar: Biblioteca do CPI Padrenda-Crespos